Presentación: Colección Taboada Chivite de Patrimonio, de Bruno Rúa

14/12/2017 to 14/12/2017 19:30 - 20:30

coleccion-Taboada-Chivite-webO vindeiro xoves 14 de decembro presentaremos a obra máis ambiciosa do autor local, Bruno Rúa. Trátase de 17 libros temáticos sobre o patrimonio da nosa comarca, dende o máis arcaico ata a actualidade. Deste xeito Bruno Rúa preséntanos: “Mámoas, estelas e pedrafitas”, “Os castros e as súas lendas”, “Igrexas e mosteiros”, “Ermidas e capelas”, “Cruceiros e Petos das ánimas”, “Roma e o Támega”, “Mundo xermánico e alto medieval”, “Fontes, pozos e lavadoiros”, “Muiños, norias, pontes, pontillóns e poltras”, “Xanelas, portas e corredores”, “Pedras senlleiras e lugares máxicos”, “Rutas arcaicas”, “Arquitectura industrial”, “Arquitectura popular e pazos”, “Arte sacra”, “Arte moderna e contemporánea” e por último “Petroglifos do alto Támega”.
Tal e coma recoñece o autor no prólogo, toma o nome de Taboada Chivite, coma homenaxe ao ilustre etnógrafo da nosa comarca.
Hora: 19:30h
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.