“Personaxes de Novela”: Xornadas de Novela Negra.

24/01/2020 to 25/01/2020 19:30 - 20:30

CARTEL-NOVELA-NEGRA+ info:  http://www.novelanegra.bibliotecadeverin.es

Os vindeiros 24 e 25 de xaneiro do 2020, a Biblioteca do Concello de Verín organiza unhas xornadas que versarán, dun xeito moi orixinal e distinto aos grandes certames, sobre o xénero literario da Novela Negra.
En concreto teremos ás personaxes reais que normalmente aparecen nestas novelas, coma o Comisario de Policía, na  persoa de D. Enrique León Calviño, comisario de Vilagarcía, sobre o que basease o inspector Dario Silva da famosa serie televisiva de Antena 3 “Fariña”; o Médico Forense na persoa de D. Fernando Serrrulla Rech; o Xuíz, na persoa de D. José Antonio Vázquez Taín (xuíz e escritor de novela negra); e coma non teremos ao escritor que compón unha trama cunha serie de personaxes, na persoa de D. Pedro Feijoo, autor de, entre outros, “Os fillos do mar” editorial Xerais e o “Un lume Azul” editorial Xerais.
A maiores todas conferencias e a mesa redonda do último día estarán guiadas polo xornalista D. Xurxo Salgado Tejeiro, director do xornal online http://www.galiciaconfidencial.com
Todas as conferencias serán con libre entrada e realizaranse no Auditorio do Concello de Verín, no programa que achegamos á presente nota de prensa.
Así mesmo temos unha web creada ex profeso para o evento no seguinte enderezo:
http://www.novelanegra.bibliotecadeverin.es

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.