O reloxo que non sabía dicir Cú-Cú”, contacontos e manualidades.

15/02/2019 to 15/02/2019 18:00 - 19:30

GetImage (3)O vindeiro venres 15 de febreiro, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título “O reloxo que non sabía dicir Cú-Cú”, homónimo do libro da escritora Lucía Baquedano e ilustrador Calatayud. Miguel, Ed. Baía Edicións,
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 11 de febreiro.
Data: 15 de Febreiro.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.