O Pallaso verde, contacontos e manualidades.

22/03/2019 to 22/03/2019 18:00 - 19:30

51Jr1qneSLL._SX325_BO1,204,203,200_O vindeiro venres 22 de marzal, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título “O Pallaso verde”, homónimo do libro da escritora Matilde Rosa Araújo, ilustracións María Keil e tradución de Antía Pereiro, Editorial: Ir Indo.

Esta actividade está fundamentada dentro da nova sección da Biblioteca do Concello de Verín, de educar nas emocións, centrándonos neste caso nos soños e facer felices aos demais.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 18 de marzal.

Data: 22 de Marzal.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.