«O outro Camiño de Santiago», conferencia de Toti Mtnez. de Lezea.

03/03/2021 to 03/03/2021 11:15 - 12:00

toti-martinez

Toti Mtnez. de Lezea (imaxe: Deia » Cultura)

Toti Mtnez. de Lezea vén ás terras do Támega, (virtualmente), a impartir aos alumnos e alumnas dos centros de ensino de Verín, unha conferencia moi interesante: O outro Camiño de Santiago, precisamente neste ano Xacobeo, onde profundarase sobre o Camiño dos construtores, músicos, poetas, comerciantes, migrantes, ladróns, pobres de necesidade e en definitiva a Rúa Maior de Europa, que foi e é o Camiño de Santiago.

A presente conferencia está moi viva na súa obra “El Jardín de la Oca» (Editorial Maeva), remóntase á España de Alfonso X o Sabio para percorrer, a partir dunha rigorosa documentación, o lado máis enigmático dese roteiro máxico que sempre recibiu culto.

Tal e coma indica a escritora, o vínculo entre o Camiño e o xogo da Oca, que inspirou a Martínez de Lezea para a súa obra, provén dunha crenza popular, segundo a cal, o popular xogo de mesa representa o roteiro Xacobeo coas súas pousadas, pontes e mazmorras, co fin de ofrecer un «camiño iniciático» e alternativo a quen non podían realizalo materialmente. A espiral, forma do percorrido do taboleiro da oca, é ademais un símbolo «moi presente na simboloxía pagá do Camiño, plasmada en petróglifos que representaban o comezo e o fin, a fertilidade e o símbolo das deusas nai.

A Biblioteca do Concello de Verín ten o orgullo, considerar a Toti Mtnez. de Lezea, coma unha gran valedora da nosa institución fora de Galicia e a que lle debe en boa medida o inicio e a consolidación das Xornadas de Novela Histórica.

Toti Mtnez. de Lezea, (1949 en Vitoria-Gasteiz) tradutora, titulada de inglés, francés e alemán é, ademais, guionista de televisión (ETB), actriz e fundadora do grupo de teatro Kukubiltxo. Escritora cunha ampla traxectoria literaria (aínda que tardía) comezando con lendas vascas (retomando o traballo de don José Miguel de Barandiaran), numerosas novelas históricas, tamén novela negra e unha colección de novelas dirixidas a nenos de entre 7 e 11 anos, que conta as aventuras de Nur, personaxe baseado na súa neta.
O vindeiro Mércores 3 de marzo de 2021, en directo por videoconferencia aos centros de Verín ás 11:15h.
Seguidamene o vídeo da súa intervención será colgado na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfEHvm_5aBBaUQv_3NfvBAQ/videos

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.