O neno mentirán e o lobo, contacontos e manualidades

24/05/2019 to 24/05/2019 18:00 - 19:30

NenoMentiránO vindeiro venres 24, de 18 a 19:30h. teremos a actividade de contacontos e manualidades “O neno mentirán e o lobo”, baseado no conto de homónimo de Francisco Delgado Rodríguez, editoriral Galaxia, marzal 1972. A presente actividade ven a complementar o conxunto de actividades do mes de maio, tódalas enmarcadas nas Letras Galegas e a promoción da nosa cultura.

Deste xeito, está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, organizada e dirixida polo persoal da Biblioteca do Concello de Verín e os seus Voluntarios e Voluntarias.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 20 de maio.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.