O encantador de serpes, contacontos e manualidades.

16/11/2018 to 16/11/2018 18:00 - 19:30

30-11-El-encantador-de-serpO vindeiro venres 16 de novembro, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título “O encantador de serpes”.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unhas manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 12 de novembro.
Data: 16 de Novembro.
Hora: de 18:00h. a 19:30h.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
INSCRICIÓN OBRIGATORIA (a partir luns 12nov.)

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.