Monterrei, 500 anos de Teatro

30/05/2019 to 31/05/2019 19:30 - 20:30

cartaz2-webOs vindeiros 30 e 31 de maio, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá un pequeno ciclo adicado á composición teatral por parte dos Xesuítas no convento de Monterrei.

Alonso de Zúñiga y Acevedo Fonseca, III Conde de Monterrei funda e dota o Colexio da orden xesuíta na súa vila natal en 1555, é o primeiro dos centros que tivieron os xesuitas en terras galegas, seguido nas décadas seguientes polos de Compostela (1578) e Monforte (finais do XVI).

No Colexio de Monterrei as representacións comezaron case no mesmo momento da inauguración do centro (constan datos dende 1558), e así mesmo consta que no curso 1561-62 “Los gramáticos representaron un diálogo sobre la Penitencia, representando sus papeles convenientemente revestidos con los trajes que correspondían a sus personajes. La representación duró casi seis horas (…) sin ningún cansancio del auditorio y se tuvieron también otros diálogos compuestos por los mismos alumnos”.

A obra, titulada “Égloga de Vírgine Deípara” [=Égloga á Virxe Madre de Deus], é de indiscutible orixe galego indica no seu colofón que foi representada no ano 1581, o día da Concepción da Nosa Señora diante do V Conde de Monterrey, D. Gaspar de Acevedo y Zúñiga. A peza é efectivamente longa de prosa e verso, artificiosa e de desigual calidade, pero resulta de gran interese coma testimonio da existencia de teatro escolar en Galicia e coma precedente temático e lingüístico do Entremés famoso sobre a pesca do rio Miño (1671) de Gabriel Feixóo de Araúxo.
(fonte: Julio I. González Montañés http://www.teatroengalicia.es/index.html)

Contido do Ciclo:

Xoves 30 de maio: “Monterrei, cuna do teatro Xesuítico galego”. Conferencia de D. Julio Ignacio González Montañés.

D. Julio Ignacio Glez. Montañés, (Ferrol 1962),  licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago coas especialidades de Historia da Arte Antigo e Medieval e de Museoloxía. Profesor agregado de bacharelato dende 1987, desarrollou a docencia en diversos Institutos de ensino de Galicia e ea actualidade é profesor do Centro de Educación para Adultos de Pontevedra. Doctorado cum laude en 2002 coa tesis interdisciplinar na que analizaba as relacións entre o teatro e as artes plásticas na Idade Media peninsular (Drama e iconografía no arte medieval peninsular (séculos XI-XV), e desde entón orientou a súa laboura investigadora non só no eído da arte senón tamén no teatro e os espectáculos. Os froitos do seu traballo pode verse nos seus libros e na multitude de artigos que ten publicados.

Biografía completa e obra: http://www.teatroengalicia.es/biografia.htm

Venres 31 de maio: “Égloga de Vírgine Deípara”. Conferencia de D. Julio Alonso Asenjo.

D. Julio Alonso Asenjo, (Sandoval de la Reina – Villadiego (Burgos),1942), realizaou estudos universitarios na Universidade Gregoriana de Roma (licenciatura en Filosofía e Teoloxía, 1960-67) e no Instituto Bíblico de Roma (licenciatura e cursos de doctorado en Ciencias Bíblicas, 1968-1971), e estudos complementarios no Estudio Bíblico Franciscano de Xerusalén, 1971; pasando pola Universidade de Sevilla, Universidade Complutense de Madrid, e Licenciado en Filoloxía Hispánica na Universitat de València, 1980, doctorado co estudo e edición da Comedia de Sepúlveda, 1987. A súa laboura profesional estivo sempre no eido do ensino, xubilándose coma titular da Universidade de Valencia no departamento de filoloxía Española, participando en numerosos proxectos de investigación e en numerosas actividades académicas coma redactor de diversas revistas literarias especializadas. É autor de varias obras ao redor do antigo teatro humanístico e escolar hispánico.

Neste ciclo de conferencias presentará na Biblioteca do Concello de Verín “Égloga de Vírgine Deípara”, publicada pola Universidade de Santiago en 2018

Toda a súa biografía e obra: http://uv.academia.edu/JulioAlonsoAsenjo/CurriculumVitae

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.