Isto non é só unha caixa, contada de Sarabela Teatro.

20/08/2021 to 20/08/2021 21:00 - 21:45

895foto02_O vindeiro venres 20 de Agosto, ás 21h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos) (e se o tempo non acompaña na sala anexa ao Salón de Actos), teremos un Espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro.

Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

 

logo-Ler-Conta-Moito-webActividade enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

 

Isto non é só unha caixa, contada de Sarabela Teatro

Cansa de xogar coa infinidade de xoguetes que ten, Nola descobre a embalaxe de cartón que está a piques de ir ao lixo. Con esa caixa, abrirán a porta da súa imaxinación viaxará entre a música e os contos, nun constante xogo de interacción co público para redescubrir todo o que da de sí un cartón. Porque… isto non é só unha caixa!

Sarabela Teatro
Compañía fundada en 1980, viviu dez anos como agrupación nova e independente. Neste tempo forxouse un proxecto común apaixonante e apaixonado, etapa decisiva de formación e experimentación. En 1990 profesionalízase. Repártense responsabilidades artísticas e de xestión. Consciente da súa traxectoria, busca unha linea estética propia. Os obxectivos artísticos xorden da necesidade de confluencia de subxectividades e dunha maneira particular do mundo e a poética teatral.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.