EXTRA! de Paco Nogueiras

13/08/2021 to 13/08/2021 20:00 - 20:45

Paco-NogueirasO vindeiro venres 13 de Agosto, ás 21h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos) (e se o tempo non acompaña na sala anexa ao Salón de Actos), teremos a actividade: EXTRA!, con Paco Nogueiras, que é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

logo-Ler-Conta-Moito-web

https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/

Actividade enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

 

 

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas?

Paco Nogueiras:
Diplomado en Graduado Social, músico e actor.
Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico.
Na actualidade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES.
Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.