Escolma gráfica da Historia das Letras Galegas.

26/04/2019 to 26/04/2019 19:30 - 20:30

01O vindeiro 26 de abril, ás 19:30h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a inauguración da exposición que recolle a escolma da cartelería que acompañou a celebración do Día das Letras Galegas. Deste xeito recorreremos en 32 carteis, como evolucionou o chamamento á conmemoración da pubricación de “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro, que foi a data elexida para celebrar as Letras Galegas.

A exposición está constituida polos fondos da Fundación Penzol, e estará comisariada por Dolores Cabrera (padroeira da Fundación Penzol) e o director da mesma Francisco Domínguez. O obxectivo é comezar a celebrar as Letras Galegas, adicadas este ano a Antonio Fraguas, e unha vez rematada a data do 17 de maio, ceder a mesma aos centros de ensino que así a soliciten.

Curriculum dos comisarios/as da exposición:

Mª Dolores Cabrera Iglesias (Santiago de Compostela, 1952) licenciada en Filosofía e Letras (sección Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1974, traballou como docente en Vigo.
Complementariamente, realizou diversos cursos de ANABAD-Galicia e, no tempo da súa estadía en Madrid, o Curso General de Documentación, organizado por SEDIC.  Traballou para a Consellería de Cultura nos equipos de elaboración do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego (CSBG) en diferentes bibliotecas da provincia de Pontevedra.
Realizou varios traballos de investigación sobre a edición e o libro galego. Froito deles, publicou a monografía divulgativa Editar en Galicia no 1993, así como varios artigos e colaboracións en diversas publicacións periódicas e Xosé M.ª Álvarez Blázquez. Ourive de libro, no 2008.
Formou parte da Mesa do Libro, que se encargou da elaboración da primeira Lei do libro e da lectura, aprobada no Parlamento no 2006.      
Padroeira da Fundación Penzol, colabora nas comisións de Comunicación e mais de Actividades, coordinando, con outros compañeiros, os librosFermín Penzol. Unha obra para un país(2010) e Francisco Fernández del Riego. Vigo no corazón de Galicia (2013). Sobre estes e outros temas comisariou tamén varias exposicións nesta casa.

Francisco Domínguez Martínez: (Santa Uxía de Ribeira): Perito Industrial e Doutor Enxeñeiro Industrial.
Incorporouse ao galeguismo en Vigo no ano 1965 e máis tarde fixo labor cultural no Centro Galego de Barakaldo mentres traballaba e estudaba en Bilbao.
Exerceu o seu labor profesional na empresa  privada durante 30 anos e logo na universidade de Vigo como técnico de I+D e como profesor.
Foi fundador e Secretario de organización do Partido Galeguista e Director (voluntario) de Cáritas da diocese de Tui-Vigo.
Actualmente está xubilado e é Director da Fundación Penzol, Conselleiro de Editorial Galaxia, Presidente da Sociedade de Estudos, Publicación e Traballos (SEPT) promotora da tradución e publicación da Biblia ao Galego desde as linguas orixinais.  Voluntario de Cáritas de Vigo no programa de Emigrantes.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.