Elmer, o elefante multicolor, contacontos e manualidades.

15/03/2019 to 15/03/2019 18:00 - 19:30

9788448823283O vindeiro venres 15 de marzal, ás 18:00h, a Biblioteca do Concello de Verín, acollerá a actividade de contacontos e manualidades, que leva por título “Elmer, o elefante multicolor”, homónimo do libro do escritor DAVID MCKEE Editorial: BEASCOA.

Esta actividade está fundamentada dentro da nova sección da Biblioteca do Concello de Verín, de educar nas emocións, centrándonos neste caso no respeto pola diferencia e a tolerancia.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 11 de marzal.

Data: 15 de Marzal.

Hora: de 18:00h. a 19:30h.

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.