DÍA DAS BIBLIOTECAS, contacontos e manualidades.

25/10/2019 to 25/10/2019 18:00 - 19:30

Celebraremos o noso DÍA, o “DÍA DAS BIBLIOTECAS”, que realizaremos un día despois do propio, dado que é o 24 de outubro, para que coincida có venres.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e unha manualidades con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 21 de outubro.
Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.