“De ollos de auga” ata “O último barco”: A serie de Leo Caldas, videoconferencia de Domingo Villar

07/05/2021 to 07/05/2021 11:30 - 12:30

la-playa-de-los-ahogados

O inspector Leo Caldas (imaxe da película: A praia dos afogados), protagonizada por Carmelo Gómez.

O nome de Leo Caldas quedou xa instaurado na memoria dos lectores de novela negra, formando parte dun elenco no que comparte espazo con Pepe Carvalho, Petra Delicado ou Rubén Bevilacqua e Virginia Chamorro. É dicir, no Olimpo de personaxes da novela negra española, que é capaz de convivir con outros, quizais máis actuais como poden ser Antonia Scott (serie do autor Gómez Jurado “Reina Roja”), Elena Blanco (a inspectora das obras de Carmen Mola, serie “Novia Gitana”) ou mesmo o inspector Ramiro Sancho (o inspector das trioloxías de Pérez Gellida “Memento Mori”).

 

No presente encontro con Domingo Villar imos descubrir máis sobre este personaxe, pero tamén sobre o autor, un novelista que retrata a realidade galega cunha literatura pausada e intimista e que utiliza o xénero negro como fío conductor para contalo.

 

Domingo Villar

Imaxe de www.elperiodico.com

Domingo Villar (Vigo, 1971) inaugurou con Ollos de auga a exitosa serie protagonizada polo inspector Leo Caldas. O segundo título, A praia dos afogados, supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra, obtendo excelentes críticas e vendas. En 2019 publícase O último barco, o esperado regreso do inspector Caldas. A serie foi traducida a máis de 15 idiomas e cultivou un gran número de premios, entre os que caben destacar o  Novelpol en dúas ocasións, o Antón Losada Diéguez, o Premio  Sintagma, o Premio Brigada 21, o Frei Martín Sarmiento, Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia. Tamén foi finalista dos  Crime  Thriller  Awards e  Dagger  International no Reino Unido, do premio Lle  Point  du Polar  Européen en Francia e do premio Martin  Beck da Academia Sueca de Novela Negra.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.