Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade, por Raquel Queizás

06/08/2021 to 06/08/2021 21:00 - 21:50

IMG_8364O vindeiro venres 6 de Agosto, ás 21h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos) (e se o tempo non acompaña na sala anexa ao Salón de Actos), teremos un Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques, que realizará Raquel Queizás.

Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

 

 

Actividade enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

logo-Ler-Conta-Moito-web

https://rbgalicia.xunta.gal/rbgler/

 

 

 

 

Actividade:

Miña avoa contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.
Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.

Raquel Queizás: Nada en Queirugás (Verín), actriz, monicrequeira, filóloga, e sobre todo, contadora de historias. O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, grandes e cativos entran a formar parte da historia.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.