D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán. Presentación do libro de Lorena Carnero Pérez.

22/11/2019 to 22/11/2019 19:30 - 20:30

xesus-taboada-dende-o-seuComa tódolos anos dedicamos en novembro unhos días á lembranza de D. Xesús Taboada Chivite. Neste tempo tivemos distintas exposicións e conferencias que achegáronnos á figura do noso insigne etnógrafo, arqueólogo e mestre de moitas xeracións en Verín.

O vindeiro venres 22 de novembro teremos a presentación da obra “D. Xesús Taboada Chivite: Dende o seu fisterre tamagán”, de Lorena Carnero Pérez, editado pola Biblioteca do Concello de Verín, que recolle todo o conxunto de artigos publicados en revistas especializadas por D. Xesús ao longo da súa vida, cunha pequena e axeitada biografía intimista e relacionado todo coa correspondencia recibida e enviada entre D. Xesús e os seus coetáneos.

Lorena Carnero Pérez, (Verín 1995), é graduada en Dereito e en Administración de empresas que no seu curriculum figura que é Voluntaria da Biblioteca de Verín dende fai máis de dez anos, e que neste ano, tras rematar os seus estudos asumiu o reto proposto pola nosa instalación de crear unha obra que recollera tódalas separatas de D. Xesús Taboada Chivite, acompañándoa dunha biografía intimista e relacionando todo coa correspondencia recibida e enviada aos seus coetáneos.

O acto presentarao D. Xaquín Lorenzo (Xocas), nun vídeo inédito, en base á entrevista realizada nos anos oitenta por D. Xerardo Dasairas Valsa (biógrafo de D. Xesús Taboada), no que dará testimonio daquela xeración das Irmandades, NÓS, e o Seminario de Estudos Galegos, e sobre todo a relación de traballo, cordialidade e amistade que os uniu toda a vida.

Data: 22 de novembro ás 19:30h.

Lugar: SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE VERÍN

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.