CONTACONTOS E MANUALIDADES CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

24/04/2015 to 24/04/2015 18:00 - 19:30
DIA-DO-LIBRO

23 de abril, Día do Libro

Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización dun contacontos e manualidades a xornada do vindeiro 24 de abril. Terá lugar de 18 a 19.30 horas, nas instalacións da propia biblioteca, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para 20 nenos/as de entre 3 a 9 anos, socios/as da instalación.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-41.36.24. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://verin.isum.centromultimedia.net/ilive/, como no perfil da mesma en Facebook https://www.facebook.com/pages/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn/104133986331021?=wall

Inscrición obrigatoria a partir do LUNS 20/04/2015

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.