Ciclo adicado a D. Xesús Taboada Chivite

16/11/2017 to 17/11/2017 19:30 - 20:30

IMG_20161004_190555Os vindeiros 16 e 17 de Novembro voltamos un ano máis a lembrar a figura de D. Xesús Taboada Chivite, e nesta ocasión coa proxección dun documental o día 16, e cunha conferencia o día 17.

-Visionado do documental “D. Xesús Taboada Chivite”, 16 de novembro, ás 19:30horas na Biblioteca do Concello de Verín.

Documental dirixido por Pío García, guión de Fran Zabaleta, realizado pola Fundación Lois Peña Novo, Secretaria Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, Pío García Servizos Audiovisuais.

-“D. Xesús Taboada Chivite e a súa obra”, conferencia de D. Francisco Fariña Busto, (arqueólogo galego, exdirector do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos) e Dona Rosa María Méndez García (bibliotecaria e arquiveira do Museo do Pobo Galego).

Esta conferencia realizarase na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín ás 19:30h.

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.