Ciclo adicado a D. Eloy Luis André

07/06/2018 to 31/08/2018 19:30 - 20:30

Eloy-luis-andreEloy Luis André, é sen dúbidas un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. A súa análise científica, o seu tesón, rigor, capacidade e quizás máis importante, a coherencia consigo mesmo, deu coma resultado unha persoa dificilmente clasificable na España de finais do XIX e primeiro terzo do XX.

Estamos ante un enciclopedista: Catedrático de psicoloxía, lóxica, ética e rudimentos do dereito, (tal era o nome da súa cátedra no Cardeal Cisneros) pero tamén Dr. en Filosofía e Letras, Psicoloxía, Licenciado en dereito, escritor, correspondente e articulista, tradutor das obras W.M. Wundt (pai da psicoloxía experimental), R. Eucken (Premio Novel de literatura en 1908) e H. Höffding (filósofo danés, un dos grandes do pensamento da nosa época ao nivel de Wundt), pero tamén sociólogo político, economista, gran orador, europeísta e xermanófilo convencido, liberal, republicano, federalista e intelectual galeguista.

 

 portada-libro-web

 

07/06/18. Inauguración Exposición temática adicada a D. Eloy Luis André.
Presentación do libro que acompaña a exposición: Eloy Luis André
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín, ás 19:30h.
A presente exposición estará ata finais de Agosto.

 

08/06/18. O civismo como paixón
Conferencia de D. Xosé Ramón García Soto.
Lugar: Biblioteca do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

• 21/06/18. Eloy Luis André, un home comprometido co seu país
Conferencia de D. Alberte Blanco Casal.
Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

• 22/06/18. Conferencia de D. Carlos Thiébaut (neto de Eloy Luis André).
Lugar: Salón de Actos do Concello de Verín
Hora: 19:30h.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.