CANTAMOS UN CONTO?, POR LUIS VALLECILLO.

31/01/2020 to 31/01/2020 18:00 - 19:00

luis-vallecilloO vindeiro venres 31 de xaneiro, teremos outro vello amigo, coma é Luis Vallecillo, que coa súa guitarra realizará un contacontos magnífico, para tódalas idades, non o podedes perder.

Contos Clásicos cos que tantas xeracións soñaron na infancia volven dun xeito diferente, reconvertidos en divertidas cancións cun aire de rock e blues en lingua galega para que os máis cativos as canten connosco, desfrutando de momentos moi especiais.

Unha selección de historias dos irmáns Grimm, Andersen ou Perrault foron elexidas para compoñer sorprendentes cancións coas que nos divertiremos cantando todos e todas. Cantaremos e bailaremos con “Xan sen Medo”, “Os Tres Porquiños”, “O galo Kiriko” e algún outro entre xogos musicais e moitas sorpresas.

A  actividade está dirixida a 40 socios/as da Bibloteca do Concello de Verín con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, o persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal, a partir do luns 27 de xaneiro. É necesario que os nenos e nenas veñan acompañados.

Data: 31 de xaneiro.

Organiza: Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.