“Cando as cartas eran literatura”. Exposición da correspondencia de D. Xesús Taboada Chivite

29/11/2018 to 21/01/2019

Cando as cartas eran literatura. Expo Biblioteca VerinA Biblioteca do Concello de Verín, acolle dende o 29 de novembro ata o 21 de xaneiro do vindeiro ano, a exposición: “Cando as cartas eran literatura”, correspondencia de D. Xesús Taboada Chivite con distintos autores coma: Otero Pedrayo, Álvarez Blazquez, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Antonio Fraguas, Francisco Fernández del Riego, Xaquín Lorenzo (Xocas), entre outros.

Esta exposición está realizada íntegramente pola Biblioteca do Concello de Verín, na que mergullámonos nun universo de misivas que leváronnos a un tempo pretérito do galeguismo, de traballos etnográficos e antropolóxicos, das primeiras excavacións arqueolóxicas, e de irmandade. Agradecer á familia Taboada o libre acceso ao seu fondo, ao Museo do Pobo Galego e a Fundación Fermín Penzol polas molestias e distintas dixitalizacións que realizaron. Así mesmo darlle as grazas a D. Xerardo Dasairas Valsa, pola axuda na creación da CronoBiografía con diversa documentación e consellos.

  CronoBiografía D. Xesus Taboada Chivite
  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.