Brincadeira pirata, da compañía de teatro infantil Galerna Crúa

27/08/2021 to 27/08/2021 21:00 - 21:45

Galerna CrúaO vindeiro venres 27 de Agosto, ás 21h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos) (e se o tempo non acompaña na sala anexa ao Salón de Actos), teremos o espectáculo de  dinamización con música, teatro e danza da man da compañía de teatro infantil Galerna Crúa.

Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

 

logo-Ler-Conta-Moito-web

Actividade enmarcada dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

 

 

Brincadeira pirata

É unha actividade de  dinamización con música, teatro e danza …
As históricas piratas Anne Bonne e Mary Read chegan a Verín para contarnos as súas grandes fazañas. A mellor aventura está por chegar, pois coa axuda das nenas e nenos buscarán un tesouro moi especial, pero haberá que ser valentes… pois agardan moitos perigos divertidos

Galerna Crúa
É unha compañía teatral na que se xuntan actrices e actores da comarca de Ferrol, para construír proxectos artísticos e educativos, con interese social e principalmente en clave de humor.

 

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.