«ANIMAIS DE CONTO»

17/04/2015 to 17/04/2015 18:00 - 19:30

titeres de cartulunaO vindeiro venres 17 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa «ANIMAIS DE CONTO», no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos basados en animais en contos moi coñecidos. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://verin.isum.centromultimedia.net/ilive/, como no perfil da mesma en Facebook https://www.facebook.com/pages/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn/104133986331021?=wall

Inscrición obrigatoria a partir do LUNS 13/04/2015

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.