«Mulleres na historia»: III Xornadas de Novela Histórica.

27/03/2020 to 28/03/2020 11:00 - 21:00

cartel-NOVELA-HISTORICA-202A muller, epicentro da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín

Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Devandito evento, que foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e polos  responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez,  quen nesta edición márcaronse como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia.

«A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres , é unha materia todavía pendente, por eso este ano quixemos que elas foran as protagonistas nas III Xornadas de Novela Historia», explicou Aurora Prieto.

Un ano máis relatores e relatoras de primeiro nivel converterán a vila do Támega no epicentro da novela histórica «sendo unha cita eludible para todos os amantes de este xénero literario, é unha magnífica oportunidade de escoitar a autoras e autores que sempre están nas listas dos libros más leídos», explicou Emilia Somoza.

Segundo destacou Vicente Rodríguez, «nesta terceira edición contaremos presencia, entre outros, de escritoras e escritores de grande prestixio»  coma Luz Gabás,  autora de Palmeras en la nieve e Regreso a tu piel; María Vila co seu libro La leyenda de las dos piratas, onde, nunha época gobernada por homes, dous mulleres rebélanse contra a vida que lles corresponde vivir en busca de liberdade; María Solar  autora galega de Os nenos da variola, e As horas roubadas; Eva Díaz, que nos falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina, e autora de El color de los ángeles. Finalista Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro autora de Volver a Canfranc, onde a protagonista é unha muller valente, loitadora que arrisca a súa vida por os demais.

Haberá tamén unha interesante mesa redonda que, sen dúbida, non defraudará aos amantes da novela histórica, e que contará coa presenza Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral; e coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias.

 

Para finalizar, Gerardo Seoane quixo destacar a importante achega que supoñen devanditas  xornadas á axenda cultural da vila «como así o demostran o rotundo éxito de participación alcanzado na segunda edición con  case un milleiro de asistentes. Desde o grupo de goberno seguimos a traballar en converter a nosa vila nun referente a nivel cultural organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade».

 

 

+ info: http://www.novhis.bibliotecadeverin.es

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.