«Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena. A nada lle teme esta araña intrépida ata que… Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos arrepíos.»
O vindeiro venres 27 de novembro, ás 18h., a nosa voluntaria máis nova, Sofía Lorenzo, vai dar voz ao conto «A araña que lles tiña medo ás arañas», obra de Ramón D. Veiga (Autor) e Iván R. (Ilustrador), ed. Xerais.
Na nosa canle de YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfEHvm_5aBBaUQv_3NfvBAQ