“Contos de Outono”, contacontos e manualidades

24/11/2017 to 24/11/2017 18:00 - 19:30

DSC07916O vindeiro venres 24 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Outono’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Inscrición obrigatoria dende o luns 20 de novembro.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática. A actividade será  coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.